Punta Langosteira | Referente industrial, loxístico e da transición enerxética de toda Europa

1 minutes read

Así o defendeu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante o acto de celebración da consecución dos 20 millóns de toneladas de mercadorías deste porto exterior, once anos despois da súa posta en marcha. Amosouse convencido das moitas posibilidades deste porto como porta de entrada e saída de mercadorías de todo tipo. En concreto, augurou que Punta Langosteira se vai converter en centro de referencia das enerxías renovables. “O obxectivo fundamental é facer que sexa o gran hub da renovables”, anunciou. 

 “E imos polo bo camiño”, aseverou en referencia a que están previstos proxectos potentes para producir biocombustible e hidróxeno de uso industrial en Galicia. Ademais, tamén se aspira a que a eólica mariña sexa un motor deste porto, co beneficio para o conxunto da comunidade, pola creación de milleiros de empregos, redución das emisións de CO2 e impulso da transición ecolóxica que implica.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?