34
A mensaxe difundiuse despois de que o mandatario falase por teléfono co presidente francés, Emmanuel Macron, e o chanceler alemán, Olaf Scholz. Segundo Rusia o porto de Mariúpol, a cidade ucraína ocupada polos rusos, volve estar operativo. As tropas sinalan que xa terminaron de desminar a zona e de retirar os barcos afundidos. Un barco puido navegar polo Mar de Azov e entrar ao porto da cidade este sábado segundo os rusos. Pero para Ucraína isto non significa nada, din que os barcos rusos «seguen bloqueando a navegación civil» e as exportacións de gran. Os agricultores ucraínos piden que se aseguren os portos. Cabe ter en conta que Ucraína representa ao redor do 20% das exportacións mundiais de trigo e millo.