Putin acusa a EEUU de ‘botar leña ao lume’ en distintas partes do mundo

1 minutes read

Putin acusou ás democracias occidentais de converter ao pobo ucraíno en carne de cañon para preservar a súa hexemonía. Así o comunicou a través dun vídeo na Conferencia Internacional de Seguridade que se celebra en Moscova. Ademais acusa a Estados Unidos de alimentar conflitos noutras partes do mundo.

«Como sabemos, recentemente Estados Unidos volveu a facer un intento deliberado de botar leña ao lume e facer cambalear a situación na rexión de Asia-Pacífico», destacou o presidente de Rusia nun vídeo gravado para a Conferencia que se celebra en Rusia.

O seu discurso prodúcese despois de que este luns unha delegación de congresistas estadounidenses chegase ao parlamento de Taiwan, mostrando o seu apoio á illa autónoma.