Putin acusa a Occidente da inflación e o aumento do prezo do petróleo


O presidente ruso,  Vladímir Putin, acusa a Occidente de provocar o terremoto inflacionista que sacode o planeta, e que se disparen os prezos de combustibles e alimentos básicos. Nun discurso cheo de reproches e queixas, Putin asegura que Occidente actuou de forma egoísta: “Subliño que a culpa de todo isto téñena as elites dos países occidentais, que están dispostas a sacrificar ao resto do mundo para manter o seu dominio global”. Putin engadiu que o que chamou “rusofobia de Occidente” prexudica máis aos propios intereses nacionais occidentais e ás súas economías. Putin asegura que se estenderá unha fame negra por todo o mundo, mentres que Rusia espera unha recolleita récord. Mentres tanto, a Unión Europea e Xapón escenificaron en Tokio a súa unidade contra a invasión de Ucraína e comprometéronse a seguir aplicándolle a Rusia “fortes sancións”.