37
Putin advertiu este martes de que o ingreso de Ucraína na OTAN pode levar a unha guerra polo control de Crimea e o Donbáss. Mentres que Orbán, o mediador cre que, a pesar das discrepancias aínda é posible un acordo entre Rusia e a OTAN en materia de seguridade. «Estamos a analizar en detalle as respostas escritas recibidas o 26 de xaneiro de Estados Unidos e a OTAN», asegurou Putin, quen acusa a EEUU de utilizar a Ucraína como «instrumento» para «conter o desenvolvemento do seu país». Pola súa banda Orbán anunciou que non apoiará a Kiev mentres siga discriminando á minoría magiar en Ucraína, que se estima en 150.000 persoas.