Putin afirma estar preparado para intervir en Bielorrusia

1 minutes read

O presidente ruso advertiu que está listo para enviar á Policía a terras bielorrusas se as protestas se volven violentas no país. Unha medida que, agora mesmo, aínda non ve necesaria. Putin confía en que a situación se estabilice na nación veciña. « Alexandr Lukashenko pediume formar un continxente de membros de forzas da orde. E, eu, fíxeno. Pero acordamos, tamén, que este continxente non será utilizado a menos que a situación se descontrole. Polo momento, non hai necesidade de empregalo. E, espero que non haxa necesidade de facelo», declaraba Vladímir Putin nunha entrevista na televisión pública de Rusia. O xefe do Kremlin criticou a actitude dalgunhas potencias occidentais, ás que acusou de tentar influír nos acontecementos que teñen lugar en Bielorrusia. Na súa opinión, Rusia mantivo un comportamento máis «moderado» e «neutral».