Putin afirma que ‘EE.UU. debe deixar de fornecer armas’ a Ucraína

O presidente de Rusia, Vladimir Putin, declarou nunha entrevista concedida ao expresentador da cadea de televisión estadounidense Fox News, Tucker Carlson, que Washington debería recoñecer os intereses de Moscova e persuadir a Ucraína para que se sente a dialogar.

O mandatario tamén cre que se pode chegar a un acordo para liberar ao xornalista estadounidense Evan Gershkovich, detido en Rusia o pasado mes de marzo.

Nesta entrevista é a primeira vez que Putin sinta cun xornalista occidental desde que Rusia invadiu Ucraína en 2022. O líder ruso repetiu moitas xustificacións trilladas sobre o conflito, incluíndo que era necesario protexer aos rusoparlantes en Ucraína e evitar que o país represente unha ameaza para Rusia ao unirse á OTAN.

Tamén mencionou varias narrativas falsas como que o Goberno de Kiev está cheo de neonazis e sobre a historia de Ucraína.

Este interrogatorio foi unha gran primicia para o comentarista de dereitas Carlson, partidario de Trump, que criticou con frecuencia o apoio dos Estados Unidos a Ucraína e referiuse a Volodimir Zelenski como un «proxeneta ucraíno» e «parecido a unha rata».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha