Putin ameaza a Occiente na conmemoración de Stalingrado

O presidente ruso asegurou, durante a conmemoración da batalla de Stalingrado, que a resposta de Rusia non se limitará ao uso de tanques en referencia ao envío de blindados leopart alemáns a Ucraína por parte dalgúns socios occidentais.

«Non enviamos os nosos tanques á súa fronteira, pero temos con que responder, e o uso de vehículos blindados non será o final. Todo o mundo debería entendelo», explicaba Putin no seu discurso conmemorativo.

A conmemoración da batalla de Estalingrado non é casual. Desde a súa chegada ao poder en en ano 2000, o mandatario acudiu en repetidas ocasións a este aniversario. Esta vez, o escenario sérvelle para representar esa idea de que Rusia é o freo desa suposta ideoloxía do nazismo na súa forma moderna que amenza a súa seguridade, en palabras do propio Putin. Un discurso que o kremlin mantivo desde o inicio da invasión de Ucraína.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha