O presidente de Rusia, Vladímir Putin, asinou o decreto que obrigará a partir deste venres aos países «hostís» a pagar en rublos a subministración de gas, unha medida coa que responde as sancións adoptadas por mor da invasión sobre Ucraína. Con estes cambios, os países compradores deberán dispoñer de contas en rublos en bancos rusos, xa que non se considerarán válidos os pagos en dólares ou en euros. Putin ameaza con suspender os contratos se non se acatan estas novas normas, segundo as axencias oficiais rusas. O obxectivo desta medida non é outro que o de loitar contra os efectos que están a causar a Moscova as sancións occidentais, especialmente sobre o valor do rublo. Recentemente o Banco Central de Rusia subía os tipos de interese do 9,5 por cento ao 20 por cento, da noite para a mañá, para tratar de evitar o esborralle da súa moeda.
42