40
O medo colapsou Kiev. Todas as estradas quedaron este xoves bloqueadas por miles de vehículos con familias que trataban saír da capital ucraína. Atascos tamén nas gasolineiras. Colas nos caixeiros automáticos e colas nos supermercados para facer provisión de alimentos. É a imaxe dunha cidade de tres millóns de habitantes na que se instalou o temor desde que se oíron os primeiros impactos dos mísiles rusos sobre as instalacións militares. Algúns optaron por unha antiga solución, buscar refuxio no metro. As autoridades pediron á poboación que non se deixe levar polo pánico e quede na casa.