Putin di que non haberá retirada rusa de Ucraína


Non parece que Joe Biden e Vladímir Putin vaian sentar pronto a negociar unha saída á guerra en Ucraína. A proposta lanzada polo presidente estadounidense chocou cun rotundo ‘non’ do seu homólogo ruso, que non acepta condicións previas para o diálogo e descarta calquera retirada das tropas rusas de Ucraína. O presidente ruso tamén lle deu un “non” por resposta ao chanceler alemán, OlafScholz, durante a súa primeira conversación telefónica desde mediados de setembro. Vladímir Putin négase a aceptar calquera tipo de negociación que implique unha retirada de tropas rusas de Ucraína. Na mesma liña, Moscova cualifica de “inevitables” os bombardeos rusos sobre as infraestruturas ucraínas polas supostas “provocacións de Kiev”. Pola súa banda, Ucraína insiste en que o diálogo só será posible se as tropas rusas abandonan todas as zonas ocupadas, incluída Crimea.