Putin e Xi apostan polo diálogo en Venezuela

Os presidente Vladimir Putin e Xi Jinping chamaron este mércores ao diálogo político para o arranxo da crise en Venezuela e rexeitaron unha posible intervención militar contra o réxime de Nicolás Maduro.

A declaración conxunta emitida ao termo das negociacións entre o mandatario chinés e o presidente ruso no Kremlin chama a todas as partes implicadas no conflito venezolano a «apoiar unha solución pacífica aos problemas no país por medio dun diálogo político inclusivo» e a «opoñerse a unha intervención militar en Venezuela». «Seguimos atentamente o desenvolvemento dos acontecementos en Venezuela e chamamos a todas as partes a cumprir coa Carta da ONU, así como as normas do dereito internacional e as relacións entre os Estados», agregou o documento.

Putin e Xi expresaron tamén a súa intención de seguir mantendo consultas sobre América Latina e reforzar os contactos e a interacción para profundar as relacións cos países da rexión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha