Putin endurece as penas por deserción, saqueo e rendición


Miles de reservistas incorpóranse estes días á mobilización parcial que anunciou Putin a principios de semana. Os que chegan teñen que someterse a un exame completo de saúde antes de comezar o adestramento de combate. Unha vez dentro entréganselles armas para iniciar ese adestramento nunhas instalacións. Á parte dos reservistas citados tamén recibiron notificacións persoas que non están na reserva e nunca serviron, segundo denunciaron avogados de dereitos humanos e afectados. Por iso é polo que se produciron colas na fronteira entre Rusia e Xeorxia. Alcanzaron ata 10 quilómetros segundo o servizo ruso de mapas en liña, YandexMaps. Ademais, Putin asinou unha lei que aumenta as penas por renderse ou negarse a combater. O Kremlin cualificou a reacción como “histérica”.