Na súa conferencia multitudinaria anual, o presidente ruso, Vladímir Putin esixiu este xoves a Estados Unidos e á Alianza Atlántica garantías inmediatas de seguridade para rebaixar a tensión con Ucraína.
«Sen trucos, dicímolo moi directamente: non debe haber expansión da OTAN cara ao leste. A pelota está no seu tellado. Teñen que darnos algunha resposta», aseverou o mandatario.
E Putin, que ten despregados uns 90.000 soldados preto da fronteira con Ucraína, quere unha resposta canto antes. As negociacións comezarán en xaneiro de 2022 en Xenebra. O presidente ruso tamén falou do gas que Rusia fornece a Europa e dos prezos astronómicos que alcanzou á calor da crise na fronteira con Ucraína.
Nada que ver. Segundo o mandatario, a culpa é das leis da oferta e a demanda. Putin, que esixe á Alianza Atlántica que non de cabida aos países veciños de Rusia, preguntouse como reaccionaría Estados Unidos se fose Rusia quen puxese os seus mísiles nas fronteiras de México ou Canadá.