Putin exhibe dous novos submarinos nucleares

O presidente de Rusia, Vladímir Putin, anunciou este luns nunha breve alocución durante unha cerimonia transmitida pola televisión estatal que nos próximos anos no marco do programa de armamento só dos estaleiros de Sevmash serán botados e entregados á Armada outros tres submarinos estratéxicos da clase Boréi-A.

«Moi pronto os submarinos portamisiles Emperador Alejandro III e Krasnoyarsk prestarán servizo na Frota do Pacífico, as fronteiras extremo-orientais da patria», recalcou Putin.

O presidente ruso sinalou que actualmente no país constrúense cinco submarinos nucleares da clase Yasen-M, como o Krasnoyarsk, capaces de portar mísiles de cruceiro hipersónicos.

«Con estes mariños, con estes buques e con este armamento Rusia pode sentirse segura«, escribiu Putin no libro de visitas da fragata, tras o cal leu en voz alta a súa anotación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha