Poucos días despois dunha rebelión que axitou os cimentos da presuntamente sólida presidencia de Vladímir Putin, o líder ruso deixouse ver en Daguestán. Tratábase dunha visita formal convertida nunha imaxe de suposta normalidade. Pero esa normalidade non é tal, segundo afirman moitos. Putin, debilitado, estaría a levar a cabo unha purga dentro do seu propio exército como consecuencia do ocorrido a semana pasada. O diario ruso The Moscow Times, citando ao Ministerio de Defensa, informaba da detención do xeneral Serguéi Surovikin polos seus presuntos vínculos coa sublevación. Segundo unha fonte do diario, «polo visto Surovikin elixiu o bando de Wagner e agarrárono por onde lle doía». Para algúns líderes occidentais, como o chanceler de Alemaña Olaf Scholz, todo esto non son máis que as consecuencias dun erro de base: non se pode pactar con mercenarios, conclúe.
42