Putin pon as forzas nucleares rusas en alerta máxima

1 minutes read

O presidente de Rusia Vladimir Putin, ordenou este domingo aos seus xefes de defensa poñer en alerta máxima as “forzas de disuasión” nucleares do país e acusou a Occidente de tomar medidas “non amigables” contra Rusia. Isto significa que Putin ordenou que se preparen as armas nucleares de Rusia para que estean máis listas para ser lanzadas, o que aumenta a ameaza de que as tensións poidan desembocar nunha guerra nuclear. Ao dala, o líder ruso tamén citou as duras sancións financeiras impostas por Occidente contra Rusia e contra o propio Putin. Rusia é o país que maior arsenal nuclear posúe actualmente e concentra o 90% das armas nucleares a nivel mundial. Segundo os últimos datos dispoñibles, Vladímir Putin conserva 6.255 cabezas nucleares das cales 1.625 están despregadas, 2.870 almacenadas e 1.760 son de carácter estratéxico. O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, afirmou que a orde do presidente ruso é “perigosa” e “irresponsable”.