Putin ratifica por maioría a súa reforma constitucional

1 minutes read

Dous terzos dos rusos apoiarían a reforma constitucional que permitiría ao presidente, Vladímir Putin, presentarse á reelección en 2024. O apoio á reforma constitucional promovida polo Kremlin superaba o setenta por cento dos sufraxios con preto do 20 % dos votos escrutados. Unha confirmación das enquisas a pé de urna que daban un 76 por cento de votos a favor da reforma de Putin. En Moscova rexistráronse algunhas protestas sen incidentes. A policía procediço a identificar a algúns dos manifestantes e a gravar a concentración. Mesmo método que en San Petersburgo onde se desenvolveu unha protesta na que se reprochaba ao goberno a convocatoria do plebiscito e as restricciónes á oposición durante a campaña. Entre as modificacións votadas destacan a inclusión de Deus na Constitución, o matrimonio considerado exclusivamente como a unión dun home e unha muller, a prohibición de ceder territorio a outros países e a prevalencia da lei fundamental rusa sobre o dereito internacional.