O presidente ruso, Vladímir Putin, reiterou que por agora non renovará o acordo para a exportación de gran ucraíno tras unha reunión co seu homólogo turco, Recep Tayyip Erdogan, na cidade balneario de Sochi, Rusia. O líder turco, pola súa banda, asegurou que o pacto poderá renovarse «en pouco tempo» e instou a Ucraína «suavizar a súa postura».
«Non estamos en contra deste acordo, estamos dispostos a retomalo inmediatamente, tan pronto como se cumpran as promesas» feitas a Rusia para permitir a exportación dos seus produtos, dixo o mandatario ruso nunha rolda de prensa onda Erdogan.
Putin, que pediu o fin das restricións ás exportacións do seu país, defendeu sentirse «enganado» por Occidente, que alegou fins humanitarios para alcanzar o pacto. Con todo, segundo o líder ruso, «dos 32,8 millóns de toneladas exportadas desde Ucraína, máis do 70% chegou a parar a países ricos, principalmente, da Unión Europea».