20
Segundo o voceiro do Kremlin Dmitri Peskov, o encontro durou tres horas, e nel o presidente ruso fixo un balance das accións dos paramilitares en Ucraína e do propio levantamento. Estaban tamén presentes, asegura, 35 comandantes deste exército privado. Pero non deu máis detalles. Aínda que Putin cualificou a Prigozhin de traidor tras a revolta, enseguida levantáronse os cargos criminais contra el. Os seus mercenarios defenden os intereses de Rusia polo mundo, loitando en Ucraína xunto ao exército regular. Moscova propuxo aos participantes no motín unirse as súas filas ou marcharse a Bielorrusia.