O mandatario ruso estivo na Escola de Arte e no centro infantil Korsun en Quersoneso, nos arredores do porto de Sebastopol, a principal base da frota rusa no mar Negro. Putin tamén visitou o xacemento arqueolóxico das ruínas da antiga cidade grega de Chersonesos, segundo os medios estatais rusos.
A visita prodúcese despois de que a Corte Penal Internacional emitise unha orde de detención por presuntos crimes de guerra en Ucraína, contra o presidente ruso pola deportación ilegal de nenos ucraínos, un paso sen precedente, ao ser a primeira vez que este tribunal pide deter a un xefe de Estado aínda no exercicio do seu cargo.
Ademais faio nun día no que se produciron explosións en Sebastopol, Crimea. Foron reportadas esta mañá polas canles locais de Telegram e a noticia foi retransmitida polos medios de comunicación ucraínos.