Puy pide aos socialistas ‘coherencia’ respecto da AP-9 e da Lei galega do litoral

1 minutes read

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, pediu “coherencia” aos responsables do PSdeG ao tratar asuntos como a transferencia da AP-9 ou a nova Lei galega do litoral, xa que dentro do propio Partido Socialista están a defender posturas contrarias.

Pedro Puy lamentou as “incongruencias” que están a poñer de manifesto os socialistas respecto da futura Lei do litoral de Galicia. Neste sentido, lembrou que “despois de escoitar a membros do Goberno de Pedro Sánchez dicir que esta lei era case unha declaración de independencia, responsables socialistas en Galicia manifestaron a súa disposición a apoiar a tramitación parlamentaria deste texto lexislativo porque consideraban importante para Galicia ter capacidade para decidir sobre os usos do seu litoral”.

“Porén, inmediatamente o novo delegado do Goberno en Galicia volveu insistir na necesidade de que se reforme o Estatuto de Autonomía para que Galicia goce das competencias en materia do litoral, unha reforma que retrasaría considerablemente a adopción das medidas previstas xa que conlevaría a convocatoria dun referendo”, explicou o portavoz popular, quen considerou esta situación como “unha inxerencia nas competencias autonómicas desde o PSOE de Madrid máis que un intento de buscar un acordo, tendo en conta que outras comunidades xa xestionan as competencias en materia de litoral”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?