Que podo facer a partir deste luns 11 de maio?

Terraza dun bar

  • Visitar familiares, tomar algo na terraza dun bar ou ir ao mercado ,son algunas das medidas que poderán desfrutar os territorios españois que pasan á FASE 1

Este sábado fíxose pública no BOE a resolución a Orde SND/399/2020, de 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas despois da declaración del estado de alarma de cara á FASE 1 da desescalada.

Segundo confirmou este venres o ministro de Sanidade, Salvador Illa, un total de once comunidades autónomas, Ceuta e Melilla, e outros territorios das rexións (excepto Madrid) poderán desfrutar este luns 11 de vantanxes como visitar familiares ou sentarse na terraza dun bar.

O Goberno estableceu unha serie de medidas para esta nova fase, aínda que pode haber medidas específicas se hai acordo coas comunidades autónomas.

CIRCULACIÓN

  • Está permitido circular pola provincia, illa ou unidade territorial de referencia.

REUNIÓNS E VISITAS

  • Están permitidas as visitas a familiares sempre que non sexan persoas anciás ou pertenzan a un grupo de risco.
  • As reunións están permitidas sempre que haxa un máximo de 10 persoas, e deberá haber unha distancia entre elas de 2 metros.

COMERCIO E OCIO

  • Mantense a apertura de locais e establecementos comerciais cunha superficie igual ou inferior a 400 metros cadrados, e con excepción daqueles que se atopen dentro de parques ou centros comerciais sen acceso directo e independente desde o exterior. A capacidade estará limitada ao 30% do aforo e deberase habilitar un horario especial para persoas maiores de 65 anos.
  • Reapertura ao público, mediante a utilización da cita previa, dos concesionarios de automoción, das estacións de ITV e dos centros de xardinería e viveiros de plantas.
  • Reapertura ao público das terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalería e restauración. A ocupación máxima permitida será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas, limitándose ao 50% o número de mesas permitidas con respecto ao ano inmediatamente anterior.
  • As piscinas estarán pechadas.
  • Poderase facer exercicio en instalacións deportivas ao aire libre, sempre que as actividades non impliquen contacto físico.
  • Reapertura de centros deportivos para realizar actividades deportivas individuais que non impliquen contacto físico e con previa cita. Con todo, o uso de instalacións cuxo espazo sexa pechado terase que pospoñer á fase 2 e só cando o deporte se faga sen público e non requira contacto físico.

MERCADOS E FEIRAS

  • Reapertura dos mercados, tendo preferencia os de «produtos alimentarios e de primeira necesidade» e adoptando as medidas hixiénicas e sociais adecuadas.
  • Os consistorios deberán regular o distanciamentos entre postos, que a orde fixa no 25% dos habituais e un terzo do aforo, aínda que tamén permite «o aumento da superficie habilitada» para esta actividade.

VELORIOS E ENTERROS

  • Aforo máximo de 15 persoas en espazos ao aire libre ou 10 persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.
  • Comitiva formada por un máximo de 15 persoas, entre familiares, achegados e o encargado de oficiar a cerimonia.
  • Distancia mínima de seguridade de dous metros, hixiene de mans e etiqueta respiratoria.

LUGARES DE CULTO

  • Aforo limitado a un terzo da súa capacidade.
  • Se o aforo máximo non estivese claramente determinado procederase a tomar medidas de distanciamento dependendo dos elementos interiores do lugar.
  • Non se permitirá o uso de auga bendicida e as ablucións rituais deberán realizarse na casa.
  • Organizaranse as entradas e saídas para evitar agrupacións de persoas nos accesos e inmediacións dos lugares de culto.
  • Poñerase ao dispor do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes.
  • Desinfección dos obxectos que máis se usan antes de cada reunión ou celebración.
  • Evitarase o contacto persoal e a distribución de calquera tipo de obxecto ou libro.

EDUCACIÓN E CULTURA

  • Apertura dos centros educativos e universitarios para a súa desinfección, acondicionamento e para a realización de funcións administrativas.
  • Reapertura de bibliotecas e museos con limitación de actividades e capacidade.

TURISMO

  • Reapertura de hoteis e establecementos turísticos, pero as zonas comúns estarán pechadas.
  • Están permitidass as actividades de turismo activo e de natureza e con grupos de máximo 10 persoas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha