Que quere o rural de Carballo? | Xornada do Sindicato Labrego Galego no Fórum

0 minutes read

O Sindicato Labrego Galego organizou para este martes día 15, ás 4 da tarde, unha xornada dirixida á militancia, pero aberta á cidadanía en xeral, na que se abordarán as perspectivas do concello de carballo e da comarca de Bergantiños ante unha nova reforma da Política Agraria Común (PAC). Que quere o rural de Carballo? é o título da iniciativa, na que poderán inscribirse as persoas que o desexen ata completar o aforo máximo permitido. Máis información: 
ordes@sindicatolagrego.com
981 682 908