Queda en liberdade o etarra «Pakito»

Francisco Múgica Garmendia, alias Pakito, sae en liberdade 4 meses antes do previsto. Este sábado abandonou a cadea zaragozana de Zuera. A súa pena aínda remataba en marzo de 2021, pero a Audiencia Nacional aceptou o seu recurso para que se lle computase o tempo que pasou en prisión preventiva en Francia. Pakito foi un dos máximos dirixentes da ETA nos anos 80. Cumpría varias condenas por distintos atentados, entre elas unha de máis de 2.000 anos pola colocación dun coche bomba na casa-cuartel da Garda Civil de Zaragoza, onde morreran 11 persoas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha