O Goberno, finalmente permite viaxar a segundas residencias dentro da mesma provincia. As catro provincias galegas entrarán este luns na fase un da desescalada. E aínda hai moitas dúbidas sobre que poderemos facer a partir dese momento. Quedan autorizadas reunións de ata dez persoas a partir do luns. A orde que publica o BOE este sábado para as zonas de fase1 regula a apertura de tendas pequenas e a volta á actividade con limites ás instalacións deportivas e os mercados ao aire libre.