Quedan prohibidos os desafiuzamentos de persoas vulnerables ata 2025

EH Bildu anunciou que alcanzou un acordo co Goberno para que se inclúa no próximo decreto de medidas sociais e económicas anticrises a prohibición de desafiuzamentos a persoas vulnerables sen alternativa habitacional ata o 2025. Pero non é a única medida que se pactou co Executivo, pois a semana pasada xa informou Bildu que tamén se chegou a un acordo para a prohibición dos cortes de subministracións básicas (luz, auga e gas) e a ampliación da tarifa regulada TUR4 para caldeiras comunitarias. A formación vasca valora o alcance do acordo, así como o mantemento doutras medidas sociais que permitirán seguir achegando unha protección «aínda moi necesaria no difícil contexto económico e socia polo que atravesas miles de familias». Doutra banda, o PP denuncia que o Goberno non lle está informando das medidas anticrise que se están tomando.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha