45
Os dezaseis incendios máis importantes que había activos este mércores en Galicia queimaron xa 29.334 hectáreas, 10.500 en Carballeda de Valdeorras (Ourense), cifra que creceu en 1.500, e 11.100 entre a suma dos núcleos afectados en Folgoso (Lugo), segundo o parte de Medio Rural con datos solicitados ata a unha e media. A xornada deste mércores intensificou a propagación das chamas nas provincias de Ourense e Lugo, as máis castigadas nesta onda. Cabe destacar que esta vaga de lumes obrigou a desaloxar das súas vivendas a máis de 1.400 persoas.