Queimadas varias hectáreas de monte en Arteixo e Pocomaco

0 minutes read

Un lume forestal declarado este luns no lugar de Vío, nas inmediacións do polígono de Pocomaco, na Coruña, queimou varias hectáreas de monte. Nos labores de extinción traballaron varias dotacións dos bombeiros municipais, así como un helicóptero do servizo antiincendios da Xunta. O vento dificultou os labores de extinción do lume, que prendeu nunha zona de matogueira e o fume estendeuse sobre o polígono empresarial. Outro incendio declarouse tamén ao mesmo tempo no lugar de Suevos, en Arteixo. Os medios traballaron ata a madrugada para tratar de sufocalo.