O suceso máis grave aconteceu no lugar de Padreiro, pertencente á parroquia de Baíñas, no Concello de Vimianzo, nunhas obras que está a acometer a empresa Paco Gómez para a Deputación da Coruña, co obxectivo de eliminar dúas curvas pronunciadas, a modo de variante, nesa estrada provincial. Os bombeiros de Cee xa pouco puideron facer a súa chegada por salvar as máquinas que, separadas entre si uns 200 metros, estaban prácticamente calcinadas.
A mesma sorte correu un contedor de cartón ubicado fronte aos números 5-7 da rúa Lugo de Carballo. A media tarde deste domingo o 112 Emerxencias Galicia pasaba a alerta notificada por un particular. Ao lugar desprazouse unha patrulla policial así como os bombeiros de Carballo, pero xa nada puideron facer por salvar o contedor de cartón que quedou totalmente calcinado e ao mesmo tempo afectou ao seu contorno e á fachada do inmoble. Investíganse as causas, pero en ambos casos todo apunta a que se tratou de feitos intencionados.