Queixas en Santa Comba polos erros na nomenclatura en diferentes núcleos

1 minutes read

Varios son os veciños de Santa Comba que se queixan «dende hai moitos anos» do grave problema que teñen coa numeración e nomenclatura das rúas, tanto no núcleo urbano como no rural. Varias vivendas sen número, repeticións, rúas sen nome… Dita problemática conleva atrasos coas compañías de paquetería e notificacións entre outros feitos.

Empresarios e particulares levan varios anos intentando que se formalice esta temática, incluso en novembro do ano 2019 entregaron 215 firmas no Concello abordando dita cuestión.

Varios afectados despois de moitas reunións co encargado de correos, este mércores, solicitaron unha xuntanza coa alcaldesa da vila co fin de abordar dita problemática, a espera de ser atendidos o antes posible para marcar así unha folla de ruta e subsanar estos problemas nun futuro próximo.