Queixas pola duración das obras e o peche da saída 35 da AG-55 entre Carballo e Coristanco

Inicio das obras.CC.

As obras da Cepeira, da man de Augas de Galicia, poñerán punto e final a varios anos de traballos para reducir o risco de inundacións polas enchentes do Anllóns ao seu paso polo centro urbano de Carballo. Aínda que é unha obra que leva adxudicada desde novembro do pasado ano, a súa complexidade técnica obrigou a postergar os traballos ata pouco antes do verán.

Os afectados por estas obras pretenden unirse nunha plataforma para darlle visibilidade a unha situación que, segundo afirman,»leva demasiado tempo afectando a todas as persoas residentes e usuarias desta vía«. Teñen convocada unha xuntanza veciñal na propia saída 35 da autopista en Montecelo (mércores 19 ás 16:30)para esixir explicacións e unha solución ao que califican de «prolongado e inxustificado retraso das obras«, que continúa xerando problemas de tráfico e molestias constantes a residentes e negocios da zona.

En todo caso, a previsión da Xunta de Galicia xa foi dende o principio que a actuación estivese finalizada a finais deste ano 2025 tras unha inversión de 1,3 millóns de euros, facendo que Carballo sexa un dos poucos concellos de Galicia que teña feitos os deberes en materia de inundacións.

Related posts

Cee e Vimianzo lideran as vendas do programa MercaNaVila en Bergantiños e Costa da Morte

A Deputación da Coruña presenta un orzamento de 256,5 millóns de euros

Un home faleceu en Vimianzo mentras trataba de traballar cun tractor nunha leira da súa propiedade