Queixas pola supresión do tren Ponferrada-Vigo


O tren comunicaba Ponferrada con Vigo, saía de Ponferrada ás 6:15 e chegaba a Vigo Guixar ás 11.30. Os viaxeiros que empregaban ese servizo directo xa non dispoñen del dende este luns. Agora teñen que esperar dúas horas na estación de Ourense para coller outro tren que os leve a Vigo. A viaxe que antes era pouco máis de cinco horas, convértense agora en máis de sete. Así, os valdeorreses, pasarán de tardar catro horas e media para chegar a Vigo a seis horas e media. Dende Renfe din que esta modificación fíxose para servir de enlace ao Alvia, que dende agora vai de Madrid a Vigo por Santiago, e para dar servizo a Redondela e Guillarei. Renfe engade que moi poucas persoas empregaban este tren directo a Vigo.