‘Quéreme Ben’ | En marcha o programa de educación afectivo-sexual de Vieiro

1 minutes read

A asociación Vieiro dentro da programación no ámbito educativo puxo en marcha esta semana o programa de educación afectivo-sexual: “Quéreme Ben” co alumnado de 3.º e 4.º de Educación Secundaria.

O obxectivo deste programa preventivo é incrementar o nivel de coñecemento, habilidades e desenvolvemento de actitudes que contribúan a elevar o nivel de saúde sexual na poboación adolescente propiciando a diminución das condutas de risco na prevención de embarazos non desexados, así como enfermidades de transmisión sexual.

“Quéreme Ben” está concibido como unha ferramenta destinada a facilitar a posta en práctica de procesos de educación afectivo-sexual tratando de proporcionar ferramentas que permitan ao alumnado adquirir capacidades para desenvolver unha vida afectiva responsable, satisfactoria e en igualdade.

Este programa lévase a cabo en formato de taller. Consta de 4 sesións de 55 minutos de duración que se imparten con periodicidade semanal.

A asociación Vieiro, agradece a excelente disposición dos centros educativos, así como todas as facilidades dadas polos equipos directivos e claustro de profesores para poder levar a cabo este programa subvencionado polo Concello de Carballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?