Quevedo actuará en Vigo da man do Xacobeo

1 minutes read

A programación musical do Xacobeo 21-22, traerá a Vigo o vindeiro mes de agosto ao primeiro artista español que logra ser líder nas listas de reproducións da plataforma Spotify. O canario Quevedo, que se situou nos últimos días no número 1 do Global Top 50, actuará no Festival de Música Urbana que se celebrará no peirao de Transatlánticos. A sesión musical de Quevedo e o arxentino Bizarrap acadou ata o momento un total de 53 millóns de reproducións en Spotify e máis de 84 millóns en Youtube. Xunto ao granadino, tamén estarán na cita viguesa do 27 de agosto os andaluces Ajax y Prok e Califato 3/4, a alicantina Safree e a viguesa Sila Lua. As entradas xa están á venda na plataforma Ticketmaster e tamén nas tendas de El Corte Inglés cun prezo de 29 euros.

Calendario musical do Xacobeo en Vigo

Xacobeo Importa:
17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo
26 de xuño: Marisa Monte – Afundación
7 de xullo: Agnes Obel – Afundación
10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo

Rufus Wainwright2 de xullo (Afundación)

Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo):
6 de xullo: Fat Freddy’s Drop
17 de xullo: Steve Vai
22 de xullo: Yann Tiersen
9 de agosto: Texas

 26 de agosto: Cimafunk

Festival Latitudes(Porto de Vigo)

19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass

20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House 

C. Tangana:23 de agosto (Porto de Vigo)

Festival Música Urbana:27 de agosto (Porto de Vigo)
Ayax y Prok
Quevedo
Califato
Sila Lúa
Safree

Muse: 8 de setembro en Balaídos