Quico Cadaval chega a Vimianzo coa súa obra “Conta… Vacas, guerras, porcos e cregos”

Ayuntamiento de Vimianzo

  • O espectáculo será hoxe, sábado 3, e a billeteira abrirá as 19:30 horas

O Concello de Vimianzo continúa coa súa programación cultural de outono dando a benvida a Quico Cadaval, que este sábado 3 achegará a Vimianzo o seu espectáculo “Conta…Vacas, guerras, porcos e cregos”. A billeteira estará aberta desde as 19:30 horas e o uso da máscara será obrigatorio a partir dos 6 anos.

Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, un bo veciño amigo de facer favores. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade, mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos.