Quico Cadaval chega a Vimianzo coa súa obra «Conta… Vacas, guerras, porcos e cregos»

Concello de Vimianzo

  • O espectáculo será hoxe, sábado 3, e a billeteira abrirá as 19:30 horas

O Concello de Vimianzo continúa coa súa programación cultural de outono dando a benvida a Quico Cadaval, que este sábado 3 achegará a Vimianzo o seu espectáculo «Conta…Vacas, guerras, porcos e cregos». A billeteira estará aberta desde as 19:30 horas e o uso da máscara será obrigatorio a partir dos 6 anos.

Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, un bo veciño amigo de facer favores. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade, mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos.


Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha