A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o presidente da Generalitat, Quim Torra, deron positivo por coronavirus.
Díaz Ayuso informou nun comunicado e a través das redes sociais nun vídeo. Explicou que é a segunda proba que se fai nos últimos días. Engade a nota distribuída que a situación «non altera as súas funcións como xefa do Executivo autonómico, polo que «vai seguir traballando desde o seu domicilio».
Pola súa banda, o presidente catalán, Quim Torra, está confinado na Casa dels Canonges, as dependencias do president adxacentes ao Palau da Generalitat, con tos e febre, tras dar positivo nas probas do coronavirus.
Revelouno nunha comparecencia telemática cando xa levaba máis de 24 horas con estes síntomas.