Quince corais achegan á Coruña os ritmos das tradicionais habaneras

1 minutes read

Un ano máis a cidade herculina acollerá o tradicional certame de habaneras «Cidade da Coruña». Será a XXXVI edición dunha cita que conta cun gran número de asistentes incondicionais. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey reforza o seu compromiso coas entidades locais da cidade, que traballan por manter as citas tradicionais que garanten que as distintas expresións musicais sigan vivas. Neste senso, o presidente da coral Follas Novas, Fernando Sandino, quixo resaltar o enorme esforzo que todas as corais están a facer para manter a súa actividade, e agradeceulle ao Concello o seu  apoio a un evento, «que permite ás entidades locais subsistir nestes momentos complicados». Os concertos serán de acceso gratuíto, do 17 ao 22 de agosto, sen necesidade de reservar invitación.