A Xunta fixo balance das axudas da Consellería de Medio Rural, xestionadas polo Agader, para a comarca da Coruña do programa Leader para os anos 2018-2019. O Leader é un conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se xestionan a través dos GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural) que teñen como obxectivo financiar proxectos para fixar poboación e xerar riqueza no rural. No conxunto de Galicia, os 24 grupos de desenvolvemento rural dispuxeron dun total de 17,5 M€. na convocatoria 2018-2019.
Neste momento na comarca da Coruña se están apoiando 10 proxectos do ámbito de iniciativa privada e asociativo, así como cinco promovidos desde entidades públicas, concretamente polos concellos Abegondo, Cambre, Carral, Mesía e Paderne. O importe destas axudas na comarca ascende a algo máis de 1,3M€ e están mobilizando un investimento que supera os 2,7M€.
