Sétima vítima mortal por coronavirus en Galicia

dpm.

A sétima vítima mortal por coronavirus en Galicia é un home de 70 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e que tiña varias patoloxías previas.

Un home de 89 anos que estaba ingresado no Hospital Comarcal de Monforte contaxiado con coronavirus converteuse na sexta vítima mortal desta enfermidade en Galicia.

O home tiña múltiples patoloxías previas. É o primeiro morto por esta pandemia que se rexistra na provincia de Lugo. O resto dos falecidos rexistráronse na Coruña e en Vigo.

Un home de 75 anos ingresado no CHUAC con patoloxías previas fora a quinta vítima mortal en Galicia por coronavirus, segundo informan fontes do Sergas.

Foi a terceira persoa con esta enfermidade que falece na área sanitaria da Coruña. Este mércores morría tamén no Complexo Hospitalario da Coruña outro home de 72 anos, que igualmente tiña patoloxías anteriores ao coronavirus. Tamén faleceu neste mesmo hospital outro home de 45 anos.

As outras dúas vítimas mortais foron unha anciá de 92 anos de Vigo e un home de 81 de Pontevedra.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha