Quinta vitoria seguida para o Calvo Basket Xiria

Cedida.

Non hai dúas sen tres, e xa van cinco. Cinco vitorias consecutivas non poden ser casualidade en Primeira División masculina de baloncesto, é sinónimo de que o Basket Xiria está a facer as cousas ben. Así o demostrou este sábado ante a súa afección ao gañarlle a o Celtas Macrocopia no pavillón Vila de Noia de Carballo por un máis que contundente resultado final de 82-41. Con parciais de 17-11, 22-14, 24-11 e 19-5, o equipo carballés relaciónase no máis alto da táboa coa cabeza posta xa no próximo partido, un óso duro da competición, como é o Estudantes Lugo. A cita será de novo na casa, o domingo 28 ás 19:00 horas.