Rafa Nadal e o Real Madrid ‘cómense o mundo’

Rafa Nadal resolveu o seu debut no Mutua Madrid Open cunha vitoria sobre o serbio Mlomlr Kecmanovic por 6-1 e 7-6 en case dúas horas. O español, terceiro favorito do torneo, reaparecía case dous meses despois dunha lesión que lle apartou do circuíto cando era o gran dominador.

Pola súa banda, o Real Madrid clasificouse para a final da Champions League. Noutra noite histórica no Santiago Bernabéu, o conxunto de Carlo Ancelotti remontou o duelo ante o Manchester City sobre o final do partido, con moi boas intervencións de Courtois e con dous goles de Rodrygo. Na prórroga, Benzema culminou a remontada de penalti, 3-1.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha