Rafa Nadal está lesionado, retírase e non disputará as semifinais de Wimbledon


Rafa Nadal non disputará a semifinal de Wimbledon ante NickKyrgios. O mallorquino retírase polas molestias abdominais que vén sufrindo a última semana e que se fixeron máis evidentes no seu partido de cuartos ante Taylor Fritz. “Non ten sentido seguir”, asegurou Nadal na rolda de prensa que convocou este xoves. É practicamente imposible pensar en gañar dous partidos deste nivel cun abdominal roto. Pensaba durante todo o día que decisión tomar, pero non ten sentido tentalo. Se sigo, a lesión vai ser peor. Estou moi triste”, concluíu. Nadal, que se retirou en contadas ocasións na súa carreira, mostrou a súa tristeza por esta decisón pero a toma para non “arriscar máis”.