O bailarín Rafael Amargo reivindica a súa inocencia tras a súa presunta implicación nun caso de narcotráfico. Amargo pasou dous días detido despois de que a policía atopase drogas no seu domicilio. O bailarín quedou en liberdade con cargos e este venres compareceu no Teatro madrileño de La Latina, onde este sábado estrea espectáculo. Amargo non quixo falar do seu caso agás para insistir en que o tempo demostrará a súa inocencia. «Que se pasa un mal trago? Ben, co tempo vaise demostrar verdadeiramente o que xa é máis que demostrable: que é unha cousa da que son inocente porque se non non estaría aquí que é onde teño que estar», asegurou.