Rafael Cadenas gaña o Premio Cervantes 2022

Trátase do galardón máis importante das letras en español, que concede o Ministerio de Cultura e Deportes, e que recaeu no poeta venezolano Rafael Cadenas, segundo anunciou o ministro Miquel Iceta. O xurado destacou “a transcendencia dun creador que fixo da poesía un motivo da súa propia existencia e levouna ata alturas de excelencia na nosa lingua”. Cadenas, de 92 anos, é poeta, ensaísta, tradutor e autor de títulos como Os cadernos do desterro (1960), Falsas manobras (1966), Intemperie (1977) e Xestións (1992). Foi Premio Nacional de Literatura no seu país en 1985,  Premio Internacional de Poesía Pérez Bonalde en 1992 e Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana en 2018. Segundo o xurado, a obra de Cadenas é unha das máis importantes e demostra o poder transformador da palabra cando a lingua é levada ao límite das súas posibilidades creadoras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha