O ex-presidente do Ecuador, Rafael Correa, foi condenado a oito anos de cárcere como autor do delito de suborno agravado, polo que perdería, ademais, os seus dereitos políticos durante 25 anos, segundo ditaminou o tribunal penal da Corte Nacional de Xustiza. A sentenza acusa a Correa de liderar unha rede de corrupción entre 2012 e 2016 mediante a cal recibiu «achegas indebidas» no palacio presidencial de Carondelet, para o financiamento irregular do seu movemento político, a esquerdista Alianza País, a cambio da adxudicación de millonarios contratos do Estado a varias empresas. Correa denunciou a «xudialización da política» no seu país para inhabilitalo antes de que poida inscribirse como candidato para as eleccións de 2021.
50