Raisí pide a EEUU e UE que volvan ao acordo nuclear

A chegada do recentemente elixido presidente de Irán, Ebrahim Raisí, xera incerteza sobre cal será a posición do país respecto ao acordo nuclear, que leva en suspenso desde 2018, cando Estados Unidos se retirou de forma unilateral. «América e os países europeos deben pensar como actuaron con respecto ao acordo. América violou o acordo e os europeos non cumpriron as súas promesas. Recordo a Estados Unidos que, segundo o acordo, debían quitar todas as sancións, e non o fixeron», respondeu Raisí. «Que volvan e cumpran os seus compromisos». «E para os europeos», engadiu Raisí, «que non se dobreguen á presión e a política exterior de Estados Unidos. Que cumpran os seus compromisos». A pesar do clima de desconfianza entre Teherán e Washington, ambos parecen interesados en proseguir coas negociacións, auspiciadas pola Unión Europea, gran valedora do plan.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha