Ralentización no crecemento da economía galega


O Foro Económico de Galicia constata unha ralentización no ritmo de crecemento da economía galega. No terceiro trimestre do ano volveu medrar, un 1,7%, pero fíxoo por baixo da taxa española, que chegou ao 2%. O foro tamén aprecia cambios no patrón de crecemento. En Galicia é a demanda interna, a dos fogares, a que tira da economía.

Fernando González Laxe explica que “a demanda externa non contribúe de xeito tan intenso ao crecemento da economía galega. Os cidadáns son os que están estimulando o crecemento da economía. Os galegos, a través do seu consumo, do seu investimento”.