Este domingo celebrouse a proba ciclista incluída na II Challenge Junior, última proba do evento e neste caso, ademais, valedoira para o Campionato Galego. Como novidade, cabe destacar que foi algo máis dura do habitual e primábase a participación feminina con trofeo para a mellor ciclista, que contou con dúas asistentas. Este ano tamén se estableceu premio para o mellor equipo.
Co percorrido habitual de 89,5 quilómetros polos concellos de Coristanco e Carballo, a meta estaba situada na rúa Martín Herrera, xunto ao Museo de Bergantiños, a carreira transcendiu nun tempo record de 2,30 horas, unha velocidade media de 35 Km/h e sen ningún tipo de incidente, chegando a alcanzarse os 90 Km/h na baixada de Agualada a Coristanco. O equipo do Club Ciclista Local, Carballo a un Paso, non logrou podium, pero si realizou unha moi boa carreira.
Cabeza de carreira pola Meta Volante da recta de Rus.
Os resultados quedaron da seguinte forma:
Gañadores da etapa
24 Mario Antonio Alves
54 Guillermo Fernández
39 Manuel Rodriguez
Clasificación Xeral Amarelo:
1.- Flavio Ortíz
2.- Miguel Ángel Muñoz
3.- Marco Antonio Alves
Montaña – Vermello:
15 Miguel Ángel Muñoz
Metas Volantes – Verdes:
15 Miguel Ángel Muñoz
Junior – azul:
39 Manuel Rodriguez
Equipo gañador:
OID Cycling Team – Ciclos Ebora
Fémina:
20 Carina Leite Viana
Entrega de trofeos aos gañadores da Xeral.